Sunday 05 de May de 2024

A Xunta elimina tres puntos de vertido de augas residuais ao Rego da Loba, no concello de Oleiros


Dous dos focos localizáronse na zona de Santa Cruz e procedían de conexións erróneas de augas residuais cara á rede de evacuación de augas pluviais
A Xunta vén de eliminar tres puntos de vertido de augas residuais ao rego da Loba, no concello de Oleiros. Estas actuacións enmárcanse nos traballos de control e eliminación das verteduras que leva a cabo no ámbito da Demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, que desenvolve Augas de Galicia, identificaron dous dos focos na zona de Santa Cruz, próximos á desembocadura da ría. Os focos procedían de conexións erróneas de augas residuais cara á rede de evacuación de augas pluviais
O terceiro punto foi localizado no lugar de Franzomel, parroquia de Liáns (Santaia), procedendo do colector da rede de residuais que discorre por este núcleo.
Augas de Galicia notificou esta situación ao Concello de Oleiros, colaborando a entidade local na identificación e na adopción das medidas oportunas para a emenda dos vertidos.
Nunha recente inspección á zona afectada, os técnicos da Xunta verificaron que as medidas
adoptadas permitiron a eliminación das achegas contaminantes.